Desde ese día as diferenzas non fixeron máis ca aumentar, ficando finalmente así a clasificación:
- Dodo: 70 votos (64%)
- Pingüín: 19 votos (17%)
- Avestruz: 13 votos (12%)
- Galiña: 6 votos (5%)

Para escarnio do equipo de tunos repetidores de Feijóo, ao 95% dos votantes a galiña non lle parece máis galega ca un avestruz, un pingüín nin ca un bicho das Illas Mauricio xa desaparecido, dato que debería preocupar en San Caetano, pois a pesar do inconmesurable esforzo propagandístico xunteiro a galiña non acaba de caerlle ben á galeguía, por moito que a pinten de azul presidiario.
Pois vaia a nosa máis sinceira noraboa para a torpe ave, pois non recibía tan boa nova desde os Séculos Escuros, data da súa extinción. E para ela tamén, o seu agardado premio: O seu propio e auténtico logo azul despolitizador.
Con todas e todos vós:
Polo menos os que apostamos polos pingüíns obtivemos un honorable segundo posto. Teremos moeda de prata?
ResponderEliminarMágoa dese traxe a raias... outra vez será!
A fim de contas, se o que pretendem é extinguir o galego da Galiza, um dodo é a ave mais representativa para esta tarefa ;-)
ResponderEliminarClaro! Para poñer a súa experiencia ao servizo da nación... española!
ResponderEliminarxD
Temos que facer uns pins
ResponderEliminarSublime, para facer camisolas!
ResponderEliminar