19.8.09

Última hora: Case 4 de cada 10* cren que era necesario o cambio de logo!

E despois din que o cambio de goberno se debiu ás promesas de austeridade do Feijóo e á imaxe de derroche do bipartito nos seus últimos compases! Para naaada! Era o nome das garderías do Quintana, que "ya parece eso como demasiado gallego y demasiado del Bloque", a onde imos a parar ombeeeee!

Ou polo menos, para 4 de cada 10* era necesario o cambio de logo. NECESARIO. E en tempos de necesidade, xa se sabe que antes de nada é necesario atallar as necesidades necesitarias necesitariamente!

Menos mal que temos a Jesús Vázquez de conselleiro, o único capullo integral de toda a administración autonómica coa suficiente chispa como para terse decatado do gravísimo problema do nome das Galescolas (que facía perder o sono aos seus milleiros de usuarios e beneficiarios indirectos), e mobilizar de inmediato todos os recursos posibles para que un novo logo depurara a politización implícita do nome "galescola"!

* Case 4 de cada 10 lectores da edición dixital da Voz que decidiron participar nunha enquisa ridícula que durou un dia e deseñada para que parecera que a cuestión do nome das Galescolas inquedou a algún ser humano galego ata o mesmo día no que se presentou o novo logotipo co conseguinte despilfarro de recursos para educación en todos os tramos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario