Unha galiña azul é o que o seu propio nome indica, unha femia galiñácea de cor azul. Pero ademais, é o nome substitutivo do que antigamente se chamaba galescola, pois ese "gale" de "galego", asi coma o seu logo, unha casiña sorrinte cunha bandeira galega, denostaban claramente a súa vocación nacionalista imponida. E inadmisible que o goberno galego tentara politizar deste xeito un servizo público galego: con símbolos galegos. Por iso, no departamento de Lingua, Educación, Gando e Ultramarinos da Xunta de Galicia empezamos a darlle voltas e pensamos que unha galiña azul era moito máis acaída, galega e impolitizada porque saía nun conto de Casares ou non sei que movida.
na presentación, tiveron un erro as nosas señorias, no ploter de atrás deles, usaron a imaxe vella...
ResponderEliminarProblemas del directo, seguro.
ResponderEliminarO autor da imaxe é o xenial maceirax ;)
ResponderEliminar